Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello da Rúa asegura que o punto limpo, que segue ardendo, non desprende toxicidade

O Concello da Rúa asegura que o punto limpo, que segue ardendo, non desprende toxicidade

O tenente de alcalde desmentiu a nube tóxica, xa que os residuos do punto limpo non son perigosos

O incendio, que tamén afectou a fábrica de Autoneum, está a ser extinguido

Vista da empresa Autoneum queimada polo lume, no polígono industrial da Rúa (Rosa Veiga/Europa Press)
G24.gal 27/08/2025 12:20

O tenente de alcalde da Rúa, Vicente Solarat, reiterou que o punto limpo do concello, a pesar de estar ardendo dende o día 15 de agosto, non desprende ningunha toxicidade.

O venres 15 o lume do incendio de Larouco excedeu o río Sil dende Petín. Nese momento afectou á fábrica Autoneum, provedora de Stellantis, e ao punto limpo, onde se refugan os residuos da empresa.

Agora, a extinción realízase con camións con terra, pois ata que chova non se pode acceder. É inabordable e inaccesible, segundo Solarat.

Ao tenente de alcalde preguntárolle pola existencia dunha gran nube tóxica, tema que desmentiu, asegurando que os refugallos non xeran toxicidade porque xa se realizaron varias analíticas e non son perigosos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade