Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello da Coruña ten que indemnizar un condutor que esvarou nos raís do tranvía e bateu contra un muro

O Concello da Coruña ten que indemnizar un condutor que esvarou nos raís do tranvía e bateu contra un muro

A sentenza culpa amais ao Concello de non cumprir coa súa obriga de manter a vía pública nas condicións axeitadas e necesarias para garantir a seguridade dos vehículos na circulación

G24.gal 05/04/2022 14:09

En xullo de 2011 foi cando deixou de circular o tranvía da Coruña, e desde aquela foron moitos os accidentes de tráfico que se rexistraron ao longo do paseo marítimo.

Un deles, un condutor ao que agora terá que indemnizar o Concello con 1.620 euros. Era un día chuvioso de 2019, esvarou sobre os raís do tranvía e acabou batendo contra un muro. El apenas sufriu danos, pero o coche tivo que dalo de baixa porque quedou estragado.

A sentenza culpa amais ao Concello de non cumprir coa súa obriga de manter a vía pública nas condicións axeitadas e necesarias para garantir a seguridade dos vehículos na circulación. 

Os condutores piden que tapen os raís como xa cubriron en 2020, en plena pandemia, no treito entre a Casa dos Peixes e As Escravas, para crear un carril destinado aos deportistas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade