Cargando resultados...
O comercio das cidades da Coruña e Pontevedra rebélase contra o Black Friday
Din que coloca o comercio de proximidade nunha situación difícil e mesmo falan de competencia desleal
G24.gal
17/11/2021 21:27
Desde hai días escaparates da Coruña locen descontos do Black Friday. Unha campaña que é aínda moito máis intensa en Internet. Isabel ten a súa tenda no barrio coruñés de Monelos e este ano non se sumará ao Black Friday.
As queixas repítense entre os comerciantes da rúa Barcelona. A tradición do Black Friday é orixinaria dos Estados Unidos onde dura un só día, pero aquí non acontece o mesmo.
O sector entende que o Black Friday precariza e coloca o comercio de proximidade nunha situación difícil e mesmo falan de competencia desleal.
O comercio da cidade de Pontevedra tamén amosou o seu rexeitamento ao Black Friday.