Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comercio amplía horarios e datas de apertura ás portas dos días máis fortes do ano

O comercio amplía horarios e datas de apertura ás portas dos días máis fortes do ano

Centros comerciais e rúas ateigadas neste festivo para adiantar as compras de Nadal

G24.gal 06/12/2024 14:25

O comercio entra de cheo nos días de compras máis fortes do ano. "Gastar, gastar e gastar. Os agasallos de Nadal", di un cliente.

Son datas de celebracións e de dar e recibir agasallos. Os comerciantes aproveitan unha ponte festiva de moito movemento de clientes para ir adiantando as vendas. "Somos de Asturias e imos pasar aquí a mañá de compras".

"Esta ponte esperamos que  as vendas aumenten máis do normal. E que veña moita xente. Abrimos tamén todos os domingos do mes de decembro", explica unha comerciante.

Para animar as vendas o comercio ofrece promocións especiais. "Estamos mercando todo o que podemos. Os prezos están ben, aínda hai algún desconto", explica un cliente.

Uns descontos aos que se sumará a ampliación do bono comercio que a partir de luns axudará aos pequenos negocios nesta campaña de nadal. Nos grandes centros comerciais amplíase o horario e as datas de apertura. 

"Días puntuais, tampouco todos porque eles tamén teñen que descansar", puntualiza unha clienta.

Hai quen tampouco descansa eses días. Papá Noel xa chegou a Galicia para recibir a todos os nenos e recoller as cartas cos agasallos máis solicitados.

As zorras xa están preparados para o repartimento. Pero Papá Noel tamén pon condicións. "Facerlle caso aos seus pais. Tamén aos seus avós. Cumprir cos seus deberes no colexio e facerlle caso aos profesores. E ser moi bos como xa o son".

Os regalos, as compras, as rúas ateigadas de xente. O Nadal xa está aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar