Publicador de contidos

Publicador de contidos

O colexiado castiga o Racing con dous penaltis moi rigorosos

O colexiado castiga o Racing con dous penaltis moi rigorosos

Terceira derrota consecutiva do cadro departamental no campo da Balompédica Linense (2-1)

G24.gal 20/11/2022 14:20

O colexiado do partido foi o protagonista da derrota do Racing de Ferrol no campo da Balompédica Linense. Sinalou dous penaltis contra o equipo galego e, sobre todo, o primeiro deles resultou difícil de crer. 

Corría o minuto sete cando un dianteiro do Linense se botou enriba de Fornos e o colexiado, diante do asombro xeral, indicou penalti. Toni non desaproveitou o agasallo para poñer o primeiro gol do partido. O Racing reaccionou e antes do descanso empatou grazas ao tanto de Carlos Vicente. 

Na segunda parte volveu aparecer o colexiado para asubiar unha segunda pena máxima en contra do equipo galego. Desta volta foi Antonio Romero o encargado de executala á rede. O Racing buscou o gol pero non puido evitar a terceira derrota consecutiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade