Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cisne volve a Asobal só unha tempada despois

O Cisne volve a Asobal só unha tempada despois

G24.gal 21/05/2022 20:17

O balonmán galego terá dous representantes na máxima categoría estatal a vindeira tempada. O Club Cisne Balonmano logrou o ascenso logo de superar con autoridade ao filial do Barcelona coa atenta mirada de Xoán Carlos I. Segundo ascenso en dous anos, desta quenda si puideron celebralo xunto aos seus seareiros no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

E iso que entraron moi mal o partido, máis intenso o Barça B no comezo púxose 0-4 por diante. Pero a partir de aí comezou a reacción do Cisne, que coas paradas de Franzini e os goles de xogadores como Carlos Álvarez ou Mateo Arias foron dándolle a volta ao marcador para marchar ao descanso cun +6 (21-15).

Na segunda parte os de Jabato ampliaron a intensidade e foron aínda máis dominadores. Cos azos da bancada para superar o único momento de incerteza, foron ampliando pouco a pouco á vantaxe ata chegar á diferenza máxima de 10 goles. 34-24 foi o marcador final para que o cadro pontevedrés consumara o seu segundo ascenso a Asobal na súa historia.

Xoán Carlos I estivo vendo o seu neto no Pavillón (xogador do Barça B) Xoán Carlos I estivo vendo o seu neto no Pavillón (xogador do Barça B)
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade