Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ciclón Óscar chegará o mércores a Galicia

O ciclón Óscar chegará o mércores a Galicia

Entrará debilitado, pero deixará moita auga e baixada de temperaturas

Néboas matinais esta mañá na cidade da Coruña
G24.gal 05/06/2023 15:11

"Hoxe saes con calor, pola mañá vai frío, á tarde chuvia, tes que estar co paraugas...", comenta un señor.

O tempo anda revolto e o mércores complícase máis coa chegada dunha nova borrasca que se está a formar ao oeste das illas Canarias. 

"É unha borrasca que ademais vén arrastrando un río atmosférico con moita humidade, deixa polo tanto nesas áreas un episodio con avisos meteorolóxicos e tras descargar nas Canarias vai ascender en latitude e chegará ao oeste da península e afectaranos a partir do mércores, a Galicia", informa Carlos Otero, meteorólogo de Meteogalicia.

A borrasca virá acompañada dunha fronte que descargará auga, pero non en forma de tormenta.

 "Cambia o tipo de choiva. Chegará máis auga, máis repartida, non vai ser tan localizada, así que quedaremos a partir do mércores na influencia desa borrasca, Óscar", apunta o meteorólogo.

 "Aquí fai falta que chova un pouquiño, porque eu penso que vai vir un verán medio....".

"Que veña con xeito e nada máis".

"Se non é de tormenta tamén é bo para a terra", comentan na rúa.

E aínda que a borrasca chega o mércores, xa mañá iremos notando cambios na dirección do vento. Vira a sur, polo que se intensifica a entrada de aire cálido. A suba de temperaturas durará poucas horas.

 "Unha vez chegue a fronte asociada á borrasca, baixan os termómetros. Iso será o mércores tras esas choivas da mañá. O descenso vai ser moi importante, pasaremos de valores elevados para a época do ano a valores nalgúns puntos normais ou mesmo baixos", explica Carlos Otero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade