Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CHUAC amplía o Centro Tecnolóxico de Formación

O CHUAC amplía o Centro Tecnolóxico de Formación

Médicos e estudantes practican con situacións que atopan nos quirófanos ou nas urxencias

G24.gal 05/11/2021 15:09

Poderíase pensar que está en urxencias, pero non, é o Centro Tecnolóxico de Formación do Complexo Hospitalario da Coruña. Alí os futuros médicos ensaian con máquinas que reproducen todo tipo de síntomas. Tamén os veteranos aprenden novas técnicas.

"Buscamos xerar situacións que se van atopar no seu día a día, pero usando a tecnoloxía robótica, polo que van poder aprender dos seus erros, e dunha maneira non lesiva para o paciente", comenta o coordinador do centro.

Este é un dos primeiros hospitais de España en contar cunha área de formación coma esta, onde grazas ao uso da realidade virtual e á impresión 3D os médicos xa poden entrar no quirófano coa cirurxía máis planificada.

"Imos imprimir o modelo de fractura, de tumor, e o cirurxián vai saber ao que se vai ter que enfrontar no quirófano", apunta Alberto Centeno.

O Centro Tecnolóxico de Formación xa ten quince anos e quedara pequeno polo número de alumnos que acolle, máis de 2.000 ao ano. Agora estrea novo emprazamento, o que vai permitir aumentar a docencia e tamén o número de actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade