Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os supermercados comezan a colocar alarmas nos chocolates para evitar roubos

Os supermercados comezan a colocar alarmas nos chocolates para evitar roubos

Este produto estase a converter nun obxecto luxo: nos últimos 12 meses o seu prezo disparouse un 16 %

G24.gal 11/12/2025 14:32

O dos chocolates no súper é o corredor da tentación para os larpeiros, e semella que agora tamén para os alérxicos a pasar por caixa. Nalgúns supermercados, tamén galegos, os furtos deste produto leváronos a poñerlle alarma.

Os clientes están sobre todo sorprendidos, porque malia que os prezos subiron hai produtos máis caros no súper. Xa pasara co aceite, antes co polbo e mantense noutros artigos como queixos ou bebidas alcohólicas.

Dende os supermercados recoñecen que en cada zona teñen que protexer uns produtos máis que outros. Dous de cada tres furtos son cometidos por autores multirreincidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade