O bloqueo dos camións comeza xerar problemas de abastecemento
A patronal dos supermercados considera que a medida da DXT establece un "preocupante precedente"
Nalgúns establecementos producíronse imaxes insólitas e varios andeis quedaron practicamente baleiros
A decisión da Dirección Xeral de Tráfico de paralizar a circulación de vehículos pesados nalgúns puntos por mor da neve empeza a ter consecuencias nos lugares de destino.
A patronal dos supermercados, ASEDAS, asegura que xa está a provocar desabastecemento nalgúns establecementos comerciais.
"Consideramos que foi desproporcionada, precipitada e establece un preocupante precedente na garantía do servizo esencial de abastecemento de alimentación e outros produtos esenciais", sinala nun comunicado a Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados.
A imaxe dos camións bloqueados tamén fixo que moita xente acudira aos supermercados por medo a que a situación meteorolóxica adversa se prolongue no tempo.
Nalgúns establecementos producíronse imaxes insólitas e algúns andeis quedaron practicamente baleiros.