Publicador de contidos
Publicador de contidos

O chocolate é un dos artigos que máis subiu na cesta da compra nos últimos meses

O chocolate é un dos artigos que máis subiu na cesta da compra nos últimos meses

Os prezos aumentaron un 21 por cento no último ano, segundo datos do INE

En grande medida débese ás malas colleitas nos países de África onde se colleita o 70 por cento do cacao mundial

G24.gal 03/12/2024 14:06

O aceite de oliva, aínda que segue caro, modera a escalada de prezos dentro do que é a cesta da compra. O contrario do que está a pasar con outro produto: o chocolate, que no último ano subiu un 21 %, e se transforma así nun dos artigos que máis subiu nos últimos doce meses.

E por que? Polas malas colleitas en África Occidental, onde se recolle o 70 por cento do cacao mundial. Demasiada chuvia cando non viña ben e seca cando non tocaba.

A escaseza de gran, suba de prezos, aínda que as grandes transformadoras belgas e suízas teñen reservas suficientes, de momento. Hai quen tamén responsabiliza os especuladores en bolsa.

O comercio local, que depende do chocolate, aguanta como pode. Nunha tenda especializada en chocolate cóntannos que a eles lles subiu nos últimos meses case un 40 por cento e que non lles vai quedar outra que repercutilo no prezo dos seus produtos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos