Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ceuta elimina o Elxe, vindeiro rival na Liga do Celta

O Ceuta elimina o Elxe, vindeiro rival na Liga do Celta

Foi a gran sorpresa dunha xornada copeira en que caeron catro equipos de Primeira División

O Real Madrid pasou pasando moitos problemas no campo do modesto Cacereño

G24.gal 04/01/2023 08:13

A meirande sorpresa dos 1/16 da Copa produciuse en Ceuta. O equipo local, pechacancelas destacado no Grupo I da 1RFEF eliminou o Elxe, tamén último clasificado na Primeira División e coa cabeza posta no partido do vindeiro venres diante do Celta. O solitario gol de Rodri Ríos de penalti no último minuto da primeira metade chegoulle ao equipo ceutí para dar a badalada e meterse nos oitavos de final.

Foi unha xornada negra para os equipos de Primeira. Ademais de Celta e Elxe tamén perderon o Raio Vallecano, no campo do Spórting (2-0), e o Xetafe diante do Levante (3-2). Conseguiu o pase o Real Madrid diante do modesto Cacereño da 2RFEF cun solitario gol de Rodrygo (0-1). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar