Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro Europeo de Peregrinación en Compostela transfórmase en casa de acollida

O Centro Europeo de Peregrinación en Compostela transfórmase en casa de acollida

O albergue está situado no Monte do Gozo

Solicitan axuda aos cidadáns, especialmente xoguetes e libros para os máis pequenos

G24.gal 27/03/2022 23:32

Arredor de 50 refuxiados chegarán nun autobús desde Polonia ao Centro Europeo de Peregrinación do Monte do Gozo a próxima semana.

"Sae pola mañá, recolle a xente de varios sitios e vén a Santiago. O mércores está prevista la llegada".

E para converter este albergue nunha casa de acollida, ademais de moito traballo e da apoio da asociación cultural Polonia en Galicia, precisan da axuda cidadá. Piden especialmente xoguetes e libros para entreter os máis pequenos.

"Agora mesmo nós o que necesitamos aquí, creo, é preparar o terreno para os nenos. Quero dicir, o terreo, refírome ao xardín para que poidan aquí gozar do tempo libre".

Pero, ás veces, os artigos doados chegan en malas condicións e teñen que gastar moito tempo e diñeiro en poñelos a punto.

"Pedimos, por favor, que todo veña moi limpo, porque isto é para darlle a un neno agora mesmo. Entón, non o imos acumular, poñémolo á disposición deles, que xoguen. Entón que sexa como se ti llo tiveses que dar ao teu familiar, un amigo. Pois, aínda que sexa unha cousa usada, pois, en bo estado, limpiño.

Pódese facer unha doazón en efectivo ou levar os artigos que se queiran doar directamente ao Centro de Peregrinación."

"Estes días, ao principio da semana pode ser un pouquiño máis complicado, pero se non, aquí o centro está aberto e pódese traer en calquera momento. Se non nos encontran, por favor, que volvan un pouquiño máis tarde, pode que esteamos con outras xestións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade