Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Centro de Protonterapia de Galicia avanza na instalación do equipo Proteus ONE para tratar o cancro

O Centro de Protonterapia de Galicia avanza na instalación do equipo Proteus ONE para tratar o cancro

A Fundación Amancio Ortega financia todo o equipamento

G24.gal 25/11/2025 18:43 Última actualización 25/11/2025 19:53

A Xunta avanzou na instalación do primeiro compoñente esencial do equipamento Proteus ONE no Centro de Protonterapia de Galicia, coa entrada desta peza no búnker que albergará o tratamento de pacientes con cancro.

O compoñente introducido é necesario para equilibrar o brazo do equipo de protonterapia e resulta clave na calibración da máquina. A peza debe garantir un movemento preciso e estable para o funcionamento correcto do sistema.

O equipo conta con financiamento da Fundación Amancio Ortega. Segundo destaca a Xunta, trátase dun dos sistemas tecnolóxicos máis avanzados e necesarios no tratamento oncolóxico mediante protonterapia.

Nos próximos días chegarán por vía marítima o resto dos materiais necesarios para completar a instalación do equipamento, tamén financiados pola fundación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade