Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia ten xa máis cans ca veciños menores de 30 anos

Galicia ten xa máis cans ca veciños menores de 30 anos

O Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía recolle 720.000 exemplares inscritos, un 53 % máis desde a pandemia

Galicia é a cuarta comunidade española con máis cans censados, 720.000
G24.gal 16/10/2023 14:21 Última actualización 16/10/2023 14:37

Nas rúas galegas xa é máis doado atopar a imaxe de paseos caninos ca dun carro de bebé. Temos xa máis cans que galegos menores de 30 anos. En concreto 70.000 máis. O Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía recolle 720.000 exemplares censados.

Supón que hai 2,2 cans por cada menor de catorce anos, a segunda porcentaxe máis alta de España. Na rúa apuntan varias causas deste aumento da poboación canina, entre elas a soidade ou a situación económica.

Lugo é a cidade galega con maior porcentaxe de cans, un por cada cinco habitantes. Desde a pandemia o censo canino galego medrou un 53 %. Pasamos dun can por cada case seis habitantes a unha porcentaxe dun exemplar por cada 3,7 galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos