Cargando resultados...
O Celta volve aos adestramentos, coa visita do Real Madrid no horizonte
G24.gal
28/03/2022 21:44
Precisamente mentres Mina sentaba no banco por esa presunta agresión sexual, os seus compañeiros de equipo no Celta adestrábanse en Mos para preparar o partido contra o Real Madrid, o sábado ás seis e media. Faltaron Aidoo, Néstor Araújo e Renato Tapia, ausentes por compromisos coas súas seleccións.
Cinco goles lles meteron os brancos aos de Coudet na primeira volta no Bernabeu. Os celestes buscarán quitar ese mal sabor de boca cunha vitoria na casa, aproveitando o mal momento dos brancos logo da derrota contra o Barça.