O Celta visita o Pizjuán á busca dos puntos como visitante (18:30 h, TVG)
Claudio Giráldez volve ao escenario do seu debut en Primeira
O Celta volve xogar fóra e Claudio saca o manual pra lembrar que hai que aparcar a inocencia, esa que permite os rivais cruzar o campo sen que ninguén lles faga falta; erros que custan partidos e lastran na clasificación. Catro puntos fóra de 21 posibles, talón de Aquiles deste Celta. Por iso a insistencia de Claudio.
A Sevilla viaxou coas baixas de Damián, Manquillo, Jailson e Carreira e consciente do potencial do rival. O Sevilla vén de perder 4-3 ante o Atleti e nel está a destacar o bo momento de Lukebakio.
E será tamén un partido emotivo, emotivo pra Navas. O día no que se vai despedir do Pizjuán, a súa casa. E especial para Claudio, porque a campaña pasada aquí arrancou a súa andaina...
O Celta está décimo; o Sevilla, décimo terceiro, con dous puntos menos. O partido arranca ás seis e media na TVG de Galicia.