O Celta viaxa a Lión coa dúbida de Jutglà
Os servizos médicos do club galego, con todo, confían en que Jutglà poida xogar o partido de volta dos oitavos de final da liga Europa
O dianteiro Ferran Jutglà tivo que “limitar a súa actividade” tras sufrir unha “conmoción leve” debido a un “movemento forzado cervical” no partido do pasado domingo contra o Betis, informaron este martes os servizos médicos do Celta.
O exfutbolista do Bruxas, autor do gol do seu equipo na Cartuja, foi substituído no minuto 58 dese encontro polo seu compañeiro Ilaix Moriba, e onte realizou traballo individual na cidade deportiva. Os servizos médicos do club galego, con todo, confían en que Jutglà poida xogar o partido de volta dos oitavos de final da liga Europa, no que Claudio Giráldez non poderá contar, por sanción, con Borja Iglesias e Óscar Mingueza.
Antes da saída falamos coa presidenta, que mesmo fixo o seu prognóstico.
"Gañaremos 1-2. Estou moi contenta, ilusionada. Saber que van case 3.000 celtistas"
A expedición do Celta viaxa arestora a Lión, onde pola tarde, a partir das 18.45 horas, ten previsto realizar un último adestramento no Groupama Stadium da cidade francesa.