O Celta móstrase nervioso antes da vital visita a Vallecas

Os axudantes de Benítez enfrontáronse cos afeccionados rivais ante o Cádiz

G24.gal 09/12/2023 14:33

As imaxes do último partido de liga dos axudantes de Benítez son indicativos do ánimo do equipo. Enfrontados cos afeccionados rivais... con problemas para manexar os nervios no banco. 

Porque no Celta hai preocupación pola clasificación. E se no banco hai nervios no campo hai que observar a Aspas, rosmando, coa cabeza baixa. Por iso foi tan importante o do mércores en Sestao, os goles de Douvikas e a sufrida vitoria na Copa. Porque alivia, porque dá aire. 

E todo na visita a un rival directo. O Raio. Partido a cara de can no que os vallecanos nin mandaron entradas para a afección do Celta. E que chega co precedente de hai oito meses, do último enfrontamento, cun balón ao pau de Raúl de Tomás.... aquel rapaciño que andaba pola Arosa Cup co Real Madrid, no 2006, Lembran?

A do Raio deu no pau e a seguir veu a goleada do Celta. 3-0. Día propicio para Aspas como este luns tamén o espera.       

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade