O Celta-Levante chega envolto na polémica dos xogadores da canteira
Coudet revelou que quería contar nos adestramentos do primeiro equipo con Carlos Domínguez e Gabri Veiga
A Veiga non lle deixan traballar co primeiro equipo e Coudet non sabe os motivos
O Celta-Levante chega envolto na polémica dos xogadores da canteira. Non estivo moi falador Coudet na previa do Levante, pero si deu que falar. En concreto sobre a situación dalgúns canteiráns. Revelou que quería contar nos adestramentos do primeiro equipo con Carlos Domínguez e Gabri Veiga, a este último non lle deixan traballar co primeiro equipo e Coudet non sabe os motivos.
Non quixo aclarar Coudet se a situación se debe a motivos de club. Domínguez ampliou o seu contrato e Veiga aínda non, pero a negociación está aberta.
Ou se o motivo é que o camiño entre primeiro e segundo equipo segue a ser sinuoso... O que semella liso e chan é o que une Afouteza co xuvenil. O exemplo é Hugo Sotelo, non xogou cos compañeiros para adestrar ás ordes de Coudet.
O Celta recibe ao Levante co obxectivo de seguir subindo chanzos na táboa.