O Celta Femxa Zorka xoga a permanencia na Fonteta
Se Araski e IDK perden esta xornada, as viguesas estarán salvadas
Un ano máis, o Celta decidirá o seu futuro na última xornada da liga
O futuro do Celta Femxa Zorka pasa pola pista de Valencia. Se gaña, estará outro ano na elite. Pero o rival, segundo clasificado, non é un oso doado de roer.
"Xogamos no seu campo e é verdade que todo xoga na nosa contra. Se miramos os números, non lle gañamos ao Valencia dende que eu era xogadora", asegura a adestradora do equipo, Cristina Cantero.
Ao igual que sucedeu a temporada pasada, as viguesas xogarán a permanencia na derradeira xornada da liga.
"É un padecemento, para nós e para os afeccionados. Pero o deporte son emocións e hai que aceptalo. É certo que chegamos coa enerxía bastante xusta. Nos últimos partidos, o balóns pesounos moitísimo. E tamén a tensión", engade a técnica.
O Celta ten as mesmas vitorias, nove, que Araski e IDK. Un dos tres acompañará o Oses Construcción á división de prata. Se as rivais perden ante Cadí La Seu e Ensino, as viguesas estarán salvadas.
"Non é algo que poidamos controlar, así que é mellor non prestarlle atención a iso", di Cristina. "Temos que ir ao noso, a sacar o noso partido e a buscar as nosas opcións. Son realista e sei que non hai moitas, pero temos que intentalo", asegura.
O Celta Femxa Zorka soña con dar a sorpresa na Fonteta.