Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Liga Endesa publica o calendario da 2026/27

A Liga Endesa publica o calendario da 2026/27

Breogán debutará fronte Joventut, Obradoiro en Andorra e Coruña no Palau contra o Barça

As datas dos 6 derbis galegos, tamén confirmadas

G24.gal 12/08/2026 11:52

A Liga Endesa publicou esta mañá o calendario para a tempada 2026/27. Na primeira xornada, os galegos terán partidos xa moi importantes. O primeiro en debutar será o Monbus Obradoiro, nun duelo directo contra Andorra na 'Bombonera', para que ese mesmo 26/09 Leyma Coruña debute no Palau fronte ao Barça. Breogán xogará ás 12:00 o domingo 27/09. Será no Pazo fronte ao Joventut.

Os derbis entre os equipos galegos distribuiranse da seguinte forma: Obradoiro-Breogán 01/11-12:00, Breogán-Obradoiro 02/05-12:00; Obradoiro-Coruña 20/12-12:00, Coruña-Obradoiro 14/03-12:00; Breogán-Coruña 30/12-18:00, Coruña-Breogán 16/05-12:00.

O Río Breogán xogará entre a xornada 7 e a 14 cos 4 equipos de Euroliga. Visitará primeiro o Palau Blaugrana na xornada 7, irá na 9 ao Roig Arena para xogar contra Valencia Basket, recibirá a visita do Real Madrid na xornada 12 e na 14 xogará no Buesa contra Baskonia. Pechará a primeira volta contra La Laguna Tenerife e a liga regular contra Baskonia no Pazo. 

O Monbus Obradoiro xogará o seu primeiro partido en Sar contra o Real Madrid o 04/10. En canto aos outros tres Euroliga, na primeira volta recibirá a Barcelona e Baskonia nas xornadas 8 e 11, e xogará contra Valencia na xornada 16. O 22 de novembro (X9) será o retorno de Moncho Fernández a Sar, no duelo contra Básquet Xirona. A primeira volta pecharana en Sar contra Zaragoza e a última xornada será no Príncipe Felipe, tamén contra os maños.

O Leyma Básquet Coruña, ademais de contra o Barça na X1, xogará en Valencia na X8, e terá dobrete na casa contra Real Madrid e Baskonia nas xornadas 11 e 12. O final da primeira volta será en Burgos fronte ao San Pablo, e a liga rematarana no Martín Carpena de Málaga contra Unicaja.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade