Fer López asina cos Wolves ata o 2030
O conxunto inglés pagará 23 millóns de euros fixos e 2 en variables polo futbolista galego
O Celta faino oficial. O equipo vigués e o Wolverhampton chegaron a un acordo para o traspaso do atacante Fer López ao conxunto británico, que pagará 23 millóns de euros fixos e 2 en variables polo futbolista galego.
Fer López, unha das maiores promesas da canteira celeste, viaxou a Wolverhampton para pasar o recoñecemento médico e asinar o seu novo contrato co equipo da Premier League, no que se reencontrará co dianteiro noruegués Jorgen Strand Larsen, que asinou polos Lobos o pasado verán.
O canteirán, de 21 anos e con contrato co Celta ata xuño de 2028, deu o salto ao primeiro equipo esta pasada tempada. Debutou na Copa do Rei ante o San Pedro a finais de novembro, e desde entón participou en 17 partidos de Liga, nos que acumulou 668 minutos e marcou dous goles.
O Celta sacou un comunicado no que lamenta todas as faltas de respecto que sufriu o xogador e asegura que "a 𝘪𝘯𝘵𝘦𝘯𝘤𝘪𝘰́𝘯 𝘪𝘯𝘪𝘤𝘪𝘢𝘭 𝘥𝘰 𝘹𝘰𝘨𝘢𝘥𝘰𝘳 𝘯𝘰𝘯 𝘦𝘳𝘢 𝘢𝘣𝘢𝘯𝘥𝘰𝘯𝘢𝘳 𝘰 𝘤𝘭𝘶𝘣 𝘱𝘦𝘳𝘰 𝘹𝘶𝘳𝘥𝘪𝘶 𝘶𝘯𝘩𝘢 𝘰𝘧𝘦𝘳𝘵𝘢 𝘥𝘢 𝘗𝘳𝘦𝘮𝘪𝘦𝘳 𝘲𝘶𝘦 𝘤𝘰𝘭𝘮𝘢𝘣𝘢 𝘢𝘴 𝘦𝘹𝘱𝘦𝘤𝘵𝘢𝘵𝘪𝘷𝘢𝘴 𝘥𝘦 𝘵𝘰𝘥𝘢𝘴 𝘢𝘴 𝘱𝘢𝘳𝘵𝘦𝘴".
Comunicado do RC Celta: Fer López.#CoidamosDosNosos
— RC Celta (@RCCelta) June 20, 2025