Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta empata ante o Académico de Viseu nun amigable de 120 minutos

O Celta empata ante o Académico de Viseu nun amigable de 120 minutos

Hugo González volveu a marcar. Máximo goleador da pretempada con 3 goles

Primeiro gol de Ferrán Jutglá e máis minutos para Starfelt tras a longa lesión de costas

Claudio Giráldez cambiou todo equipo no descanso

G24.gal 29/07/2026 12:41 Última actualización 29/07/2026 14:50

O R. C. Celta completou o seu terceiro encontro de pretempada cun empate (2-2) fronte o Académico de Viseu nun partido de 120 minutos que serviu para seguir collendo ritmo, recuperar xogadores e dar máis minutos aos canteiráns. Tras o 2-2 contra o Braga e o 1-0 fronte ao Sporting, o equipo continúa sen perder. 

O once inicial estivo formado por Radu, Álvaro Núñez, Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso, Sergio Carreira, Febas, Miguel Román, Williot, Jones El Abdelaoui e Hugo González, que continúa a ser unha das grandes noticias da pretempada.

O Celta entrou mellor ao partido e no minuto 8 chegou o primeiro gol: unha gran condución de Miguel Román, que segue collendo confianza tras a súa lesión, permitiu unha boa combinación con El Abdelaoui que acabou en gol de Hugo González. O canteirán suma xa 3 goles en 3 partidos. 

No descanso, Giráldez renovou por completo o equipo. Entraron Hugo Álvarez, Jutglà, Vecino, Moriba, Iago Aspas, Ángel Arcos, Carlos Domínguez, Javi Rueda, Iván Villar, ademais dos canteiráns Hugo Burcio e Yoel López.

O Académico de Viseu igualou o marcador no minuto 89, cun gol de Meseguen tras un rexeite nun córner. A xogada, moi embarullada, deixou sen opcións a Iván Villar. Nese mesmo momento entrou Starfelt, que sumou 30 minutos máis no seu proceso de recuperación tras os problemas de costas que arrastra desde antes do Mundial.

O Celta reaccionou e no minuto 104 chegou o 2–1: penalti a favor e gol de Jutglà, que marcou con seguridade. O Viseu tamén dispuxo dun penalti no tramo final, que transformou para poñer o 2–2 definitivo.

Agora o Celta viaxará a Italia e volverá xogar o mércores 5 de agosto, en Italia, fronte ao Sassuolo, ás 20:00, no Ricci Stadium. Poderase ver a Televisión de Galicia e na Agalega.gal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade