Dimisión en bloque da nova directiva do Atlético Guardés apenas dúas semanas despois de asumir o mando
Dimisión en bloque da nova directiva do Atlético Guardés apenas dúas semanas despois de asumir o mando
No comunicado o club alegan que foi por "motivos persoais"
O club arrastra unha débeda de 400.00 euros
Convocarán os socios a unha asemblea extraordinaria para iniciar o proceso de elección do novo presidente
Imaxe do Atlético Guardés
O Atlético Guardés volve estar nunha situación delicada. A nova xunta directiva, encabezada por Fernando Reyes González e presentada hai só dúas semanas, presentou a súa dimisión, deixando á entidade nun deserto que compromete a situación a medio prazo.
A presidencia de Reyes durou só 24 días. O club informou da renuncia mediante un comunicado no que aluden a "motivos persoais" para explicar a marcha tanto do presidente como de todos os membros da xunta. Os problemas apuntan a ser de maior profundidade.
O Guardés arrastra unha débeda próxima aos 400.000 euros cunha empresa de caldeiraría da comarca. A isto súmanselle as dificultades para captar novos patrocinadores, que deixan a viabilidade do club en mínimos. A nova directiva conseguira completar o cadro de xogadores con fichaxes e renovacións, ademais do regreso de José Ignacio Paredes como adestrador. A pretemporada xa estaba en marcha, o que podía parecer unha luz ao final do túnel, pero todo o contrario.
Nos próximos días o club convocará os socios a unha asemblea extraordinaria para iniciar o proceso de elección do novo presidente. Espéranse movementos para encontrar unha solución, aínda que sexa temporal.
Imaxe do Atlético Guardés