Damián cedido no Racing: "Sair de casa é sempre difícil, levaba 15 anos no Celta"
O equipo cántabro non ten opción de compra ao remate da cesión
Claudio Giráldez xa ten unha ficha libre para poder realizar a desexada fichaxe. A prioridade é o retorno de Fer López.
O céltico Damián Rodríguez xogará cedido no Rácing de Santander o que resta de temporada. O medio centro de Ponteareas recala no líder da segunda división tras perder protagonismo esta temporada no cadro de Claudio Giráldez onde soamente disputara seis partidos: dous en liga, tres en Europa League e un na Copa do Rei, anotando un tanto de penalti ante o Puerto de Vega. A operación non contempla unha posible opción de compra polo que o xogador de Ponteareas retornará o club vigués cando remate a temporada. Esta mañá foi a súa presentación.
"Sair de casa é sempre difícil, levaba 15 anos no Celta"
Coa saída de Damián o Celta ca dispón do oco necesario para poder asinar un xogador neste mercado invernal. O desexado é o canteirán Fer López. Os vigueses negocian co Wolverhampton a saída dun xogador que deixaba o Celta o pasado mercado de fichaxes. A mala situación clasificatoria dos Wolves e a pouca confianza que están depositando no talentoso media punta abren a posibilidade de negociar a volta sempre en forma de cesión.