Claudio Giráldez : "Hai que darlle valor a vitoria. Sabiamos que ía ser moi difícil"
O adestrador celeste amosou a súa satisfacción polo resultado recoñecendo que puido ser mellor
Fixo un chamamento a afección para que acuda a Balaídos o próximo xoves para axudar a certificar a clasificación
O adestrador do Celta Claudio Giráldez valorou de forma positiva o resultado acadado en Grecia ante o PAOK aínda que recoñeceu que puideron levar un mellor marcador de cara ao o partido de volta:
"Dentro da miña ambición e de que quero máis teño que darlle valor á vitoria, ao que fixo o equipo, sabíamos que ía ser moi difícil. Pasaron moitos equipos por aquí e hai máis de 1 ano que non conseguía ninguén gañar e equipos de renome"
"Sabiamos que ía ser moi difícil, que ía haber arrancadas deles, que teñen moi bo xogo nesa fase 3. Non me gustou que estivésemos demasiado tempo en bloque baixo. Tamén entendo aos xogadores"
"Cando ninguén pode gañar aquí é por algo, cando ninguén pode controlar ao PAOK na súa casa é por algo, cando ninguén pode facerlle gol ao PAOK na súa casa é por algo. Fixemos 2 goles e tivemos ocasións para facer 3-4 máis"