Publicador de contidos

Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "A ida vai ser moi importante. O partido non terá nada que ver co que xogamos antes"

Claudio Giráldez: "A ida vai ser moi importante. O partido non terá nada que ver co que xogamos antes"

O adestrador celeste valorou o enfrontamento de dezaseisavos de final de Europa League que xogarán ante o PAOK de Salónica

Espera unha eliminatoria igualada e difícil ante un equipo grego que non perdeu ningún partido na casa esta temporada

G24.gal 30/01/2026 17:23

Claudio giráldez, adestrador do Celta, avaliou nada máis aterrar en Peinador despois da viaxe a Belgrado, o sorteo de dezaseisavos de final da Europa League que emparellou o equipo vigués co PAOK de Salónica:

"Sabiamos que fose quen fose dos dous ía ser complicado. Temos unha ida nun escenario histórico tamén e moi complexo, un equipo que non perdeu na casa ningún partido en ningunha competición este ano. Non terá nada que ver co partido da xornada 2. Oxalá poidamos conseguir un resultado similar en ambos partidos, pero vai ser moi complexo, moi difícil. Estamos xa nunha eliminatoria e non ten nada que ver. Poñerán a Taison ou outro xogador. Son xogadores perigosos, teñen moi bos extremos"

" Teñen moi bos rematadores. É un equipo moi compacto, moito tempo, moitos xogadores. O contexto e escenario é moi complicado. Pasou o Betis por alí e perdeu 2–0. Gañaron en campos como o do Lille. É un equipo, se non me equivoco, ao que só lle gañamos nós. Imos tentar dar nosa mellor versión, pero de momento toca centrarnos na Liga, que temos un par de semanas para que chegue Europa. Temos que facer un bo partido de ida para aproveitar esa vantaxe. Nun escenario así vai ser moi importante centrarnos no partido de ida, do que acontece alí e oxalá poidamos facer un bo partido"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade