Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta toma vantaxe en Grecia no camiño cara ós oitavos de final da Europa League (1-2)

O Celta toma vantaxe en Grecia no camiño cara ós oitavos de final da Europa League (1-2)

Iago Aspas e Williot Swedberg anotaron os goles celestes na primeira metade

O VAR anulou un gol a Jutglá e confirmou o anotado polo PAOK por milímetros na segunda metade

O desenlace o próximo xoves en Balaídos

@rccelta @rccelta
G24.gal 19/02/2026 19:32

O Celta rachou a xeira de máis dun ano sen perder do PAOK no Toumba Stadiun nun partido onde os de Claudio Giráldez marchan cun sabor agridoce tras deixar pasar unha boa oportunidade de pechar a eliminatoria pola superioridade amosada no terreo de xogo e onde acabaron sufrindo polo axustado marcador tras o tanto do conxunto heleno.

O equipo vigués foi superior desde o inicio do partido. Swedberg foi o primeiro en avisar cunha dobre ocasión que repeleu por dúas veces o porteiro Tsidtsis. Pouco despois Mingueza finalizou cun remate desviado unha boa contra. Co paso dos minutos foi asentándose no campo o conxunto heleno e xusto cando mellor estaban apareceu Miguel Román para inventarse un pase de calcaño que Iago Aspas convertería no primeiro gol do partido. O gol fixo dano ó equipo local e antes do descanso Swedberg anotaba o segundo para os celestes tras unha grande asistencia de Aspas. 

Na segunda metade o equipo olívico optou por defender nun bloque máis baixo e buscar as contras para sentenciar a eliminatoria. En defensa non sufría concedendo algunha ocasión soamente nas xogadas a balón parado. E cos trocos chegaría un terceiro gol do Celta tras un remate de Hugo Álvarez que Jutglá remachaba sobre a liña de gol. Pero o colexiado asubiou un fóra de xogo que logo o VAR confirmaría de forma milimétrica. Na seguinte xogada os milímetros volveron a xogar unha mala pasada ós celestes xa que Jeremejeff anotaba un fermoso gol que necesitou unha revisión de VAR para confirmar a súa legalidade. Nos minutos finais Zivkovic puxo o medo no corpo á parroquia celtiña pero o seu disparo foi o lateral da rede. Tamén Hugo Álvarez puido acadar o terceiro en dúas boas internadas por banda esquerda. Non houbo tempo para máis e o Celta colleu unha renda importante para definir en Vigo o seu pase ós oitavos de final da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade