Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B resiste media hora cun futbolista menos nas Gaunas

O Celta B resiste media hora cun futbolista menos nas Gaunas

G24.gal 19/02/2022 19:01

Combate nulo entre Celta B e UD Logroñés que rematou con empate a 0. 

Fran foi o que máis perigo levou ao portal celeste defendida por Gaizka Campos A 7 para o descanso, tiro frouxo e centrado de Cedric Teguía e chapa Serantes. No 19 tivera Miguel Rodríguez a única ocasión celeste clara en todo o partido, pero topou co pau. A primeira parte que rematou sen goles.

No minuto 60 o colexiado Álvaro Lopez Larra amosoulle a Álex Carbonell o segundo cartón amarelo e os de Onésimo quedaba cun futbolista menos con máis de media hora por diante. Malia iso, non sufriron demasiado máis alá dalgunha ocasión dos locais, e acabaron levando un punto das Gaunas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade