Cargando resultados...
O Celta B pode asegurar contra o Racing o posto na fase de ascenso
Cun triunfo garantiría unha praza entre os cinco mellores da categoría
O Racing, aínda perdendo, podería asegurar a terceira posición
G24.gal
19/05/2022 22:16
Á falta de dúas xornadas para que remate a liga, Racing de Ferrol e Celta B cítanse en Balaídos. Terceiro contra cuarto. Un derbi con todo. Os ferroláns teñen a praza e o play off asegurados. Pero o Racing non viaxa para cumprir co trámite.
O Celta B disputará en Balaídos o seu quinto partido esta temporada. As vitorias recollidas nos dous últimos animan os de Onésimo, que cun triunfo certificarían a presenza no play off de forma matemática.
O resultado, este sábado a partir das seis e media. Poderán seguilo na G2.