Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta B cae goleado en Valdebebas (3-0)

O Celta B cae goleado en Valdebebas (3-0)

Nun enfrontamento directo na loita polo ascenso, os de Raúl foron moito máis contundentes

Foto: @lafabricacrm
G24.gal 15/04/2023 19:56

O Real Madrid Castela tirou de intelixencia e da súa enorme calidade para noquear o Celta B. Nada mellor que a xogada do primeiro gol para ilustrar o potencial do filial do madridista. Como solucionaron a presión celeste e como resolveu e con ese zapatazo Arribas. Un dos preferidos da afección merengue. Minuto 28.

Ruly reprendeu o traballo dos seus compañeiros, mais ás veces o que cómpre é recoñecer e aplaudir. O Madrid pasou a meirande parte do encontro acazapado, buscando transicións, e non lle preocupou concederlle o balón ao Celta. Nunha desas transicións Dotor recibía de Márvel e colocaba con elegancia o segundo local. Faltaba un cuarto de hora pro final.

Nese tempo o Castela volveu marcar, de penalti. O árbitro estaba preto, mais as repeticións non despexan as dúbidas. O penalti marcouno Arribas, que xa leva 15 goles e 7 asistencias esta campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos