O Celta B baila o ritmo de Gabri Veiga e tomba a Unionistas
Con este triunfo os de Onésimo seguen instalados na parte nobre da táboa
Este é o once de Onésimo, que vai camiño dunha das mellores temporadas do filial celeste nos últimos tempos. Nada máis principiar o encontro en Barreiro, acción de estratexia desde o costado esquerdo do ataque local. Golpeo desde a frontal de Jordan e logo dun rexeitamento da defensa a pelota cae aos pes de Gabri Veiga que bate a Salva de la Cruz.
E se no primeiro de Gabri hai unha pinga de sorte, o segundo é unha obra mestra chea de potencia e colocación. Nada pode facer o porteiro de Unionistas para deter esa pelota que quita a arañeira da portería.
A réplica dos salmantinos nesta acción de falta. Costado dereito, e remate de Ramir o contra o ferro da meta defendida por Gaizka Campos.
E reparen na incidencia do saque de banda no xogo ofensivo. Saca Pampín, a pelota chégalle a Alfon vía Javi Gómez. Alfon, cun par de caneos encara a Salva para levar o 3 a cero ao marcador.
A segunda metade comezou cunha clara ocasión de Rayko, que estraga ben situado e con reflexos Campos.
E chegou nunha acción desde a esquerda o gol de Unionistas. Nespral, 3 a 1.
Con este resultado o Celta B segue treceiro, pero con catro puntos de vantaxe sobre Unionistas.