Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta amosa a súa pegada en Xetafe (0-3)

O Celta amosa a súa pegada en Xetafe (0-3)

 Mina (2) e Aspas marcan nun segundo tempo pletórico do equipo de Coudet

 

G24.gal 26/10/2021 11:09

A vitoria máis cómoda do Celta en toda a temporada foi no campo do Xetafe, equipo que pecha a clasificación e que xa mudou de adestrador. Gañou por 0-3 con dobrete de Santi Mina e un gol de Iago Aspas. 

O primeiro tempo foi de pouco fútbol. A mellor ocasión tívoa Nolito, que fallou un man a man con Soria no minuto 36. 

Na segunda metade sentenciou o Celta nun abrir e pechar de ollos. No 55 Santi Mina abría o marcador e dous minutos máis tarde Aspas facía o segundo. Co Xetafe descontrolado (expulsión incluída) o Celta sentenciou co segundo tanto na conta particular de Mina. 

Coudet pedía un triunfo que dese tranquilidade e este chegou en Xetafe e deixou moi ferido ao rival. Dobre golpe que pode ser co que comece a costa arriba viguesa. 

Así de eufórico estaba Santi Mina 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar