O Celta abre o seu adestramento aos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro
Os nenos e nenas ingresados na área de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo viviron este venres un día especial na cidade deportiva do R. C. Celta, onde puideron gozar do adestramento do equipo dirixido por Claudio Giráldez antes de compartir uns minutos cos futbolistas.
Acompañados pola presidenta do R. C. Celta, Marián Mouriño, e o director da Fundación Celta, Germán Arteta, os pequenos fotografáronse cos seus ídolos, aos que tamén pediron autógrafos sobre o céspede antes da habitual foto de familia.
Como adoita ser habitual, Iago Aspas foi o futbolista máis reclamado polos pequenos, que levaron unha bufanda do Celta de recordo
❤️🩹😊 Estamos aquí por vós, polo celtismo e pola nosa comunidade. Un día inesquecible na vosa loita diaria!#FundaciónCelta 🩵 https://t.co/qvC23hH0GY pic.twitter.com/e0pB7u1Tho
— RC Celta (@RCCelta) September 20, 2024