Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía pide medidas de afastamento para o denunciado por unha agresión sexual en Xuxán

A Fiscalía pide medidas de afastamento para o denunciado por unha agresión sexual en Xuxán

G24.gal 05/01/2026 14:28

Os feitos aconteceron, presuntamente, contra as tres e vinte da madrugada do sábado pasado. Daquela, a suposta vítima, de 17 anos, estaba sentada nun banco do barrio falando cos seus amigos e, nun momento dado, precisou ir ao cuarto de baño. Unha das rapazas que vive neste portal deulle as chaves da súa vivenda.

Cando a moza accedeu ao edificio, atopouse co agora investigado, que se meteu canda ela no ascensor. E, sen mediar palabra, agarrouna pola mandíbula coa intención de darlle un bico. A menor afastouno, pero el abrazouna e empurrouna contra unha das paredes do ascensor, á vez que refregaba o seu corpo contra o da rapaza.

"Menos mal que ela logrou escapar, e aí fóra estaban os seus amigos. Faríanlle fotos a el e chamaron a policía. Xa o colleron ao pouco", explica unha veciña. 

Os axentes da Policía Nacional trasladárono ás dependencias policiais de Lonzas, onde se negou a declarar. Pouco despois foi posto a disposición da xuíza de garda, que acordou a súa posta en liberdade, coa prohibición de saír do país e de achegarse á vítima a menos de 500 metros de distancia.

"Os veciños estamos todos indignados porque ese home xa está na rúa...". "É moi preocupante. Moito", din os veciños.

O caso segue en fase de instrución e, unha vez que conclúa, fixarase a data do xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade