Protesta feminista en Monforte para esixir a dimisión de José Tomé
Os manifestantes denuncian impunidade ante comportamentos machistas nas institucións
O alcalde da vila mantén as actas pese a solicitar a baixa do PSdeG
Centos de persoas concentráronse este luns en Monforte para esixir a dimisión do alcalde, José Tomé, acusado de acoso sexual.
Durante a mobilización escoitáronse consignas como “Tomé, dimite. O feminismo non te admite”, “Fóra machistas das institucións” e “Se nos tocan a unha, tócannos a todas”.
A protesta desenvolveuse mentres Tomé continúa á fronte do Concello e exerce aínda como presidente en funcións da Deputación de Lugo ata este martes.
A convocatoria partiu da Marcha Mundial das Mulleres e a ela sumáronse
As participantes puxeron o foco na impunidade que, segundo denunciaron, rodea en moitas ocasións os comportamentos machistas no ámbito institucional.
Afirmaron que esta situación deixa as mulleres nunha posición de desprotección. Por iso, as persoas asistentes reclamaron respostas contundentes fronte a condutas deste tipo.
José Tomé solicitou a baixa do PSdeG pero anunciou que non renunciará ás súas actas nin no Concello nin na Deputación de Lugo.