Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas seguirá na Asobal logo do triunfo diante do Anaitasuna

O Cangas seguirá na Asobal logo do triunfo diante do Anaitasuna

G24.gal 20/04/2022 23:20

O Cangas Frigoríficos do Morrazo selou a permanencia na Asobal logo do triunfo diante do Anaitasuna do galego Quique Domínguez (25-24). Un partido que reflicte o que foi a gran temporada dos do Morrazo, cheo de loita e incertidume e que acabou decantándose por un só gol anotado no último minuto. 

Comezou moi ben o Anaitasuna mandando no marcador (1-4) pero o Cangas reaccionou de contado, equilibrou o marcador (7-7) e conseguiu marchar ao descanso con dous goles de vantaxe (13-11). 

A segunda metade foi de dominio galego que foi por diante ata que quedaban dez minutos para o final. Nese intre o Anaitasuna conseguiu igualar (20-20) e o desenlace do partido foi un cara ou cruz resolto por David Iglesias a corenta segundos do final. Iglesias, con seis goles, converteuse no escudeiro perfecto de Dani Fernández. O extremo estivo espectacular, con 11 tantos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade