Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas retoma as competicións de Liga e de Copa nunha temporada ilusionante

O Cangas retoma as competicións de Liga e de Copa nunha temporada ilusionante

Mañá visita o Huesca na ida da eliminatoria da Copa e o sábado regresa a Liga ao Gatañal co enfrontamento co Nava 

G24.gal 01/02/2022 13:47

Tras o campionato de Europa volven as competicións de balonmán de Liga e de Copa.

Mes e medio sen competir leva o Cangas Frigoríficos do Morrazo. Mañá visita o Huesca na ida da eliminatoria que conduce á fase final da Copa e o sábado regresa a Liga ao Gatañal co enfrontamento co Nava segoviano.

Foron importantes os goles de David Iglesias e as paradas de Javi Díaz na primeira volta para que o Frigoríficos vaia quinto clasificado na Liga e na Copa do Rei estea a só unha eliminatoria de meterse na fase final, algo ilusionante.

Javi Díaz: "Claro que fai moita ilusión, e témola aí a un pasiño de poder entrar nela".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade