Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Cangas precisa unha carambola e derrotar ao At. Valladolid para evitar o 'playdown'

O Cangas precisa unha carambola e derrotar ao At. Valladolid para evitar o 'playdown'

Brais González: “Temos que xogar con valentía. Queremos gañar por nós, pero tamén polos afeccionados”

G24.gal 23/05/2024 12:12 Última actualización 23/05/2024 17:14

No Cangas Frigoríficos do Morrazo Brais González recoñecen que “hai tres meses” non contaban con chegar á última xornada da liga Asobal con opcións de evitar o 'playdown' de descenso.

Brais González: “Temos que xogar con valentía. Creo que o pavillón estará a rebentar porque xa está todo vendido, así que xogaremos cun xogador máis. Queremos gañar por nós, pero tamén por eles”.

Con 22 puntos na clasificación e co goal-average perdido con Cuenca e Puente Genil, o equipo dirixido por Nacho Moyano necesita derrotar ao Atlético Valladolid e que un dos seus dous rivais na pelexa por eludir ese posto de promoción non puntúe –os conquenses reciben ao Bidasoa e os andaluces visitan ao Sinfín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos