Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas perde co Benidorm pero garante a permanencia na Asobal

O Cangas perde co Benidorm pero garante a permanencia na Asobal

A unha xornada para o final sácalle dous puntos e o average a os equipos que están no posto de play out

G24.gal 25/05/2025 20:40

O Cangas Frigoríficos do Morrazo perdeu o partido da penúltima xornada diante dun Benidorm que se estaba xogando a permanencia (29-30) pero o resto de resultados provocaron que se manteña na Asobal pase o que pase na derradeira tirada do campionato. Sácalle tres puntos aos equipos que están en descenso directo e dous a Huesca e Ángel Ximénez que disputan o posto de play out. En todas as posibilidades de empates a puntos o equipo de Cangas sae favorecido. 

Foi un partido moi disputado no que o Bendorm se xogaba a vida -cunha derrota descendían-. Houbo máxima igualdade durante os sesenta minutos de partido con diferenzas que non foron máis aló dos tres goles. Ao descanso o resultado era de 14-13 para o Cangas. Na segunda metade conseguiu poñerse por diante o Benidorm (20-21) e conseguiu aguantar a vantaxe ata o remate por un só gol de diferenza. 

Na despedida da temporada do Gatañal o máximo goleador foi o extremo Arnau Fernández con seis tantos. Pero no partido destacou sobremaneira o visitante Ignacio Valles que se foi ata os 13 goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade