Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Frigoríficos do Morrazo roza a sorpresa na pista do Granollers (34-31)

O Frigoríficos do Morrazo roza a sorpresa na pista do Granollers (34-31)

Gran partido do Cangas que chegou a estar por diante no segundo tempo (24-25) pero non puido aguantar contra un equipo que está pelexando pola segunda posición

G24.gal 16/05/2025 20:35

O Cangas Frigoríficos do Morrazo estivo preto de dar a sorpresa na pista do Granollers, un equipo que pelexa polo segundo posto da Liga Asobal. Perdeu o equipo galego (34-31) pero estivo metido no encontro durante os sesenta minutos e chegou con opcións ao treito final. 

O Granollers saiu con forza disposto a encamiñar o partido pero decatouse cedo que non ía telo nada doado para desfacerse do Cangas. No primeiro tempo as diferenzas fóronse, como moito, ata os dous goles a prol do conxunto local. Así ata o 18-17 co que se chegou ao descanso. 

O segundo tempo continuou por idéntico camiño. O Cangas mesmo se chegou a poñer por diante no marcador (24-25) mediado o segundo tempo diante dun Granollers que temía polo partido. A menos de cinco minutos para o final o resultado era de empate (31-31) pero un parcial final de 3-0 para os locais deixou os puntos en Cataluña. 

Mads Thymann Hansen foi o máximo goleador do Cangas con 8 goles. O local Víctor Romero, con 9 tantos, marcou a diferenza no partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade