Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo cae na Romareda (1-0) diante dun Zaragoza que asegura a salvación

O Deportivo cae na Romareda (1-0) diante dun Zaragoza que asegura a salvación

No día da despedida da vella Romareda, os maños levaron a vitoria logo dun autogol de Charlie Patiño, que foi titular

O Deportivo, que non xogaba nada no envite, queda con 53 puntos

G24.gal 25/05/2025 20:28

O Deportivo non puido traer nada positivo da súa última visita á Romareda antes de que o Zaragoza se mude ao seu estadio provisional por mor das obras no seu estadio. Vaino facer, iso si, na segunda división, xa que asegurou a salvación co triunfo sobre o equipo galego, xa sen nada en xogo.

Na primeira metade a mellor ocasión foi un remate ao traveseiro de Dani Gómez. Pero o empate sen goles non se moveu.

O gol do partido chegou na segunda metade. Era o minuto 56 e, á saída dun córner despois dun paradón de Germán Parreño, o infortunio cebouse con Charlie Patiño, que desviou cara a súa propia portería. O xogador de ascendencia galega era titular neste encontro. O Deportivo buscou a igualada, e a ocasión máis clara tívoa Yeremay. O remate do canario repeleuno o pau. Derrota mínuma do Deportivo nesta penúltima xornada da Liga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos