Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Praza América recibe os heroes da clasificación europea do Celta

A Praza América recibe os heroes da clasificación europea do Celta

Milleiros de afeccionados achegáronse ata o lugar das celebracións do celtismo para recibiren os xogadores que devolveron a ilusión a Balaídos

G24.gal 25/05/2025 20:22

Milleiros de persoas achegáronse ata a Praza América para recibiren os xogadores do Celta, os que devolveron a ilusión polo fútbol a unha cidade que hai pouco máis dun ano asubiaban a proposta de fútbol aloumiñada polo presixioso Rafa Benítez. 

Nese tempo Claudio Giráldez mudou a faciana do Celta. Encheuno de canteiráns e o equipo conectou coa bancada. Os resultados déronlle a razón ao adestrador. O obxectivo era a salvación e acabaron meténdose na vindeira edición da Europa League como sétimos clasificados. Algo que non agardaba nin o máis optimista dentro do club. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar