Fodorean asina co Valladolid tras rexeitar oferta de renovación do Frigoríficos
A baixa do lateral romanés únese ás xa coñecidas dos porteiros Luka Krivokapic e Jorge Pérez

O lateral esquerdo romanés Rares Fodorean non aceptou a oferta de renovación do Frigoríficos do Morrazo tras recibir unha oferta do Atlético Valladolid, no que xogará a partir da próxima tempada na liga Asobal.
A primeira liña chegou o Gatañal no verán de 2022 procedente do Póvoa portugués e nestas tres tempadas converteuse nun dos baluartes defensivos do cadro dirixido por Nacho Moyano, quen este curso deulle maior protagonismo en ataque.
Fodorean, de 26 anos, disputou no presente curso ligueiro 27 partidos co Frigoríficos na liga Asobal, nos que mediou 2,07 goles por encontro. No seu comunicado de prensa, a entidade que preside Alberto González agradeceu a súa “profesionalidade” e “entrega” durante estas tempadas, ademais de desexarlle “moita sorte” na nova etapa profesional que emprenderá na liga española.
A baixa do lateral romanés únese ás xa coñecidas dos porteiros Luka Krivokapic e Jorge Pérez, que asinaron polo Fraiking Granollers e o Saint-Raphaël francés, respectivamente.