Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas despide unha gran temporada e as súas estrelas

O Cangas despide unha gran temporada e as súas estrelas

Perdeu no último partido da Asobal diante do Ademar León (32-33)

Dani Fernández, David Iglesias e Asensio marchan do club entre aplausos

G24.gal 22/05/2022 11:14

O resultado do partido diante do Ademar León era o de menos. O Cangas Frigoríficos do Morrazo perdeu por 32-33 cun gol a dez segundos do final de Jaime Fernández. 

O importante era dicirlle adeus dun bo xeito a unha temporada para a lembranza na que os de Cangas roldaron a zona alta da táboa clasificatoria e se clasificaron para a fase final da Copa. Tamén era día de despedidas: Dani Fernández e Carles Asensio vanse ao balonmán alemán e David Iglesias parte rumbo a Francia.

Foi unha despedida á altura. Iglesias anotou nove goles demostrando ser un dos mellores goleadores da Asobal. Dani fixo 3 e Asensio tamén anotou unha tripla. 

Agora toca poñer os alicerces dun novo proxecto en Cangas. Co Cisne serán os dous representantes galegos na elite do balonmán español. 

David Iglesias volveu a ser o máximo goleador do equipo cangués con 9 tantos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade