Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Canadá ofrece colaborar nunha inmersión ao Villa de Pitanxo

O Canadá ofrece colaborar nunha inmersión ao Villa de Pitanxo

O coordinador do operativo de rescate confirma que non se atoparon traxes de supervivencia

G24.gal 08/07/2022 14:01

As autoridades canadenses trasladaron aos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo a súa colaboración para un posible operativo de rescate do barco afundido, se así o decidisen o Goberno español ou unha autoridade xudicial. 

Ademais de moitos detalles sobre o operativo e de ofrecer medios loxísticos, nun encontro telemático celebrado na Embaixada do Canadá en España, o coordinador do rescate en Terra Nova confirmou a existencia de precedentes de expedicións submarinas como a que as familias reclaman desde hai cinco meses. 

Foron máis de dúas horas e media de xuntanza da que os familiares contan que obtiveron, por primeira vez, explicacións claras, organizadas e documentadas da cronoloxía do rescate dos corpos. Tamén constataron que non se atoparon traxes de supervivencia.

O coordinador do operativo amosouse moi seguro de que, se houbese algunha posibilidade de atopar máis corpos en superficie, terían aparecido durante a campaña. 

As familias conclúen que teñen máis motivos para seguir reclamando que se baixe ao barco. 

Tamén unha autoridade xudicial podería ordenar a inmersión, polo que os familiares alegarán en contra do traslado da causa a Vigo para non atrasar máis a asignación dun xuíz instrutor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade