Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta e o sector pesqueiro acordan o novo plan para a xestión do polbo

A Xunta e o sector pesqueiro acordan o novo plan para a xestión do polbo

campaña pesqueira actual finalizará o 1 de maio, momento no que comezará o período de veda biolóxica para o cefalópodo

O balance da campaña 25-26 reflicte excelentes resultados, cunhas cifras de 1.327 toneladas por un valor de 14,75 millóns de euros

G24.gal 26/04/2026 15:10

A Xunta e o sector pesqueiro acordaron os termos do plan experimental para a xestión do polbo correspondente á campaña 2026-2027, tras un balance da campaña actual con "excelentes resultados".

A Xunta sinalou que o novo documento dará continuidade ás medidas técnicas acordadas nos últimos anos, e que están a permitir "a recuperación da especie tras o descenso da produción, axustando a pesca ao seu ciclo biolóxico".

campaña pesqueira actual finalizará ás 23.59 horas do 1 de maio, momento exacto no que comezará o período de veda biolóxica para o cefalópodo. A veda será obrigatoria, e prolongarase durante os meses de maio e xuño, finalizando ás 05.00 horas do 1 de xullo.

Durante ese período de dous meses, queda expresamente prohibida a captura, retención a bordo, transbordo, desembarque, almacenamento, venda ou comercialización de polbo mediante calquera tipo de artes de pesca. Ademais, os buques dedicados á pesca con trampas deberán retirar estes dispositivos do seu peirao e levalos a porto.

Ante o inminente inicio desta veda, o balance da campaña actual (2025-2026) reflicte excelentes resultados, cunhas cifras de 1.327 toneladas por un valor de 14,75 millóns de euros, o que representa unha mellora substancial con respecto ao balance alcanzado na campaña anterior (2024-2025), na que se descargaron 1.116 toneladas por un valor de 11,4 millóns de euros.

Unha vez finalizada, a nova campaña comezará o 1 de xullo, mantendo as normas fundamentais para a protección do recurso.

Límites de pesos e horas

O peso mínimo de captura seguirá sendo de 1 quilo por peza (enteira ou eviscerada a bordo). En canto aos límites máximos de captura, o plan divide a campaña en dous períodos para evitar a saturación do mercado.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, a cota será de 35 kg por embarcación e día, á que se engadirán 35 kg adicionais por cada tripulante rexistrado e a bordo, establecendo un límite máximo de 240 kg diarios.

Durante o resto da campaña (a partir do 1 de setembro), a cota aumentará a 55 kg por embarcación e día, con 55 kg adicionais por tripulante, o que deixa un límite máximo diario de 380 kg.

En canto ao horario de traballo, a actividade de extracción comezará ás 06.00 horas e finalizará ás 16.00 horas.

Con todo, as embarcacións poderán saír do porto a partir das 05.00 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade