Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Camiño Portugués é a ruta de peregrinaxe a Santiago que máis medra

O Camiño Portugués é a ruta de peregrinaxe a Santiago que máis medra

Tanto na súa ruta pola costa coma polo interior, este camiño suma un 37 % dos  peregrinos que chegan a Compostela

Cada ano sobe o número de camiñantes arredor dun 8 % 

Entras as razóns deste éxito están as amplas comunicacións que ofrece o aeroporto do Porto

G24.gal 25/05/2025 15:06 Última actualización 25/05/2025 17:28

A afluencia de peregrinos que se dirixen a Santiago polos camiños central e da costa portugueses continúa medrando, cunha suba media cada ano do 8 %.

"Eu son Colombiana pero vivo nos Estados Unidos e rematei o camiño portugués pola costa".

"Comezamos o camiño en Lisboa, a vez pasada fixemos o camiño desde Zaragoza, dixemos o ano que vén outra vez pero desde Portugal", din algúns peregrinos.

Erika e Nazareno son un exemplo dos moitos peregrinos que están a chegar a Compostela polos camiños portugueses, o central e o da costa.

"No camiño central viñeron ata agora un 20 % e no da costa un 17 %, un 37 % entre os dous é moito, cada ano está subindo entre un oito e un dez por cento. Mentres os outros camiños soben un pouco ou mesmo o francés baixa un pouquiño, o camiño portugués é o que máis sobe con moita diferenza", asegura César Rúa, da Oficina do Peregrino.

O Camiño Portugués é o máis internacionalizado xunto co francés. As longas ringleiras son xa moi habituais na oficina do peregrino como puidemos comprobar este domingo.

"Había moita xente, pensei que habería máis xente local pero había xente de todas partes do mundo, de Asia, de América".

"Fixen o francés, o interior portugués e agora o da costa".

"Vin varios vídeos do portugués da costa e pareceume moi lindo, había moita xente", din algúns camiñantes.

Entras as razóns deste éxito están as amplas comunicacións que ofrece o aeroporto do Porto.

"Se falas cos peregrinos todos din que alí as comunicacións son moi fáciles, de feito saes do aeroporto tes unha senda duns 600 metros e xa estás no camiño, nin sequera tes que entrar na cidade de Porto", engade César Rúa.

Neste mes de maio chegan a Santiago sobre 3.000 peregrinos cada día. Prevén chegar aos 79.000 camiñantes a finais deste mes, unha cifra que foi a rexistrada o mes de agosto do ano pasado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade