Cargando resultados...
O Camiño de Santiago mantén o tirón durante o outono
G24.gal
07/11/2021 14:14
Entre a néboa albíscase a figura dun peregrino. Non son tan numerosos coma no verán, pero o Camiño continúa atraendo moitas persoas. Fan o Camiño por etapas, sen présa e gozando da contorna.
No caso de Paula foron a morriña e a oportunidade as que a animaron a emprender a aventura. Vive en Irlanda e está de vacacións. Quere empaparse da súa terra antes de regresar.
Nada mellor que meterse no Camiño para gozar dunha experiencia inesquecible. Tamén no outono, é máis ca unha vía de peregrinación.